Ante a inoperatividade da Xunta na xestión da seca que afecta a Vigo o alcalde toma cartas no asunto.
No seu programa matutino “Aló Caballero”, o alcalde da cidade olívica carga unha vez máis contra a Xunta pola falta de resposta para paliar os problemas orixinados pola seca. O alcalde promételle á poboación viguesa “chegar a onde faga falla” para solucionar esta problemática.
Entre as medidas enumeradas para xestionar esta crise de auga atópase “mandar chover”. Hoxe mesmo levará a pleno extraordinario unha moción que, respaldada pola súa maioría absoluta, esixirá que comece a chover.
Esta medida tómase ante o que o alcalde de Vigo califica de “actitude desleal e irresponsable” do Goberno autonómico. “Se non queren bombear auga terá que ser a alcaldía quen resolva o problema. Así, polo poder que me foi otorgado, decreto que mañán comece a chover”.