Un home de O Grove atopou o seu coche no aparcadoiro da praia de A Lanzada 6 meses de que esquecera onde o aparcara.
As autoridades do Salnés atoparon onte o coche no mesmo aparcadoiro cando por casualidade pasaban pola zona. O coche que permanecía inmóbil no mesmo lugar que en xuño deste ano fora estacionado non presentaba sinais de ter sido forzado e mantense intacto á espera de que o seu dono pase a recollelo.
Xosé A. M. recibía na mañá de hoxe a chamada das autoridades que medio ano despois de que o propietario denunciase a súa perda ou roubo se atopaba no mesmo lugar no que hipoteticamente o aparcara, e non foi ate agora, cando coa ola de frío, o aparcadoiro da praia de A Lanzada se atopa praticamente vacío que alguén se deu conta de que o vehículo alí seguía.
Ante as preguntas de TemposGalegos, Xosé asegura que no seu momento, despois de saír da praia, buscou e buscou o coche durante horas, e ante a imposibilidade se atopalo pensou que lle fora roubado, de tal modo que decidira poñer a correspondente denuncia na comandancia da Garda Civil. Seis meses despois xa daba o coche por perdido, e mesmo xa tivo que mercar un novo, pero a alegría de que finalmente aparecese é superior á cuantía dos douse seguros e gastos de mantemento por ambos vehículos que agora terá que manter.