Internacional

Cataláns confusos non saben se facer a ponte da Constitución


Unha alta porcentaxe da sociedade catalá non ten claro a día de hoxe que facer laboralmente nestes días festivos no resto do Estado.

A festividade da Constitución causa unha fenda no seo da sociedade catalá, xa que son moitas das persoas que non saben como actuar e se acudir ou non aos seus postos de traballo e isto pode acarrear algún tipo de beneficio ou sanción.

Desde a patronal catalá aseguran que non se pagará o día de traballo como horas extras, debido a que dado o momento de excepción que se vive en Catalunya e ante a pasada proclamación da República Catalá a xornada deste 6 de decembro será laboral a todos os efectos.

Por outra banda colectivos independentistas aseguran que hai que facer un punto e aparte coas relacións con España, dado o cal non se debe festexar este día, asi que animan á cidadanía catalana a festexar a futura Constitución Catalana neste mesmo día, e así poder aproveitar a ponte.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.