O goberno subvencionará viaxes sexuais ás Canarias

Alcanzará a cantidade equivalente a unha dieta do senado se a viaxe é de contido sexual Despois do escándalo das viaxes do presidente estremeño José Antonio Monago a Canarias as que se engadiu o caso do deputado do PP de Teruel, Carlos Muñoz, o goberno do estado decidiu coller o touro polos cornos para pechar o tema….

Pachi Lucas: “Tanto la quería”

Onte Pachi Lucas dedícaballe a canción nas redes socias a un presunto “Alberto” Nuñez Feijóo. O que foi, presuntamente, o conseguidor dos contratos da famosa trama Zeta e amante do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijóo mostrábase así de cariñoso e facía referencia ás noticias sacadas pola prensa acerca das corruptelas entre membros do…

Un magosto popular asará 10 concelleiros envoltos en papel Albal

“Si haberá pan para tanto chourizo”, apuntan dende a organización A asociación Carnelao e a Plataforma Santiago de Corruptela organizarán conxuntamente este martes en Compostela un magosto popular no que o menú principal serán 10 concelleiros xunto coas tradicionais castañas, viño e licor café. O lema desta peculiar celebración do San Martiño será “Pápaos antes de…

Membros do PP de Catalunya trabúcanse e carrexan a anciáns a votar

Sucedía na maña de onte, durante o transcurrir da histórica xornada para Catalunya do 9N. Sobre as  11h da pasada mañá, durante as votacións sobre a independencia de Catalunya, algo que non estaba previsto sorprendía aos observadores internacionais que vixiaban o correcto funcionamento da xornada de referendo organizada polo pobo catalán. Membros do Partido Popular…

Feijoo: “Eu son moi de Podemos, podemos fodervos a todos”

“De feito é o que estamos a facer”, engadiu É o que comentan que realmente dixo Feijoo na comparecencia da prensa que tivo lugar onte tras a reunión semanal do Consello da Xunta. Feijoo que valorou a enquisa do Centro de Investigacións Sociolóxicas e dixo que “Ningunha enquisa pode substituír ás urnas” momento no que,…

Anova lanza a súa nova campaña “Divide e vencerás”.

Anova – Irmandade Nacionalista presentaba na tarde de onte a súa nova campaña política que leva por nome “Divide e vencerás. Pola ruptura democrática”. No día de onte Martiño Noriega, co-portavoz da Anova, e Esther Duro co-responsábel de Organización, co-presentaban ante os medios a nova campaña da súa formación. Campaña que sae a luz tan…

Adolfo Domínguez pide a reinstauración da escravitude

Despois de solicitar o despedimento libre, o deseñador de moda pide á volta á exclavitude O deseñador ourensán sembrou novamente a polémica despois de solicitar ao goberno que legalizara o despedimento libre. Segundo transcendeu o empresario solicitou á reinstauración da escravitude e reeditou a famosa frase “Vivan las cadenas” durante un desfile onde substituiu os…

O novo reloxo de Apple podería ser quen de amosar a hora

O novo dispositivo que a marca da mazá ten pensado lanzar no próximo ano 2015 sería capaz de amosar a hora e incluso partillala con persoas que cha pidan. A revolución chega unha vez máis de mans da empresa de Silicon Valley, que volve revolver mercado e poñelo de patas arriba co seu novo anuncio….

Jordi Hurtado, unha liña que Artur Mas non está disposto cruzar

Filtracións internas do Parlament Catalán apuntan que as tensións orixinadas nos últimos días entren CiU e ERC veñen dadas por unha das liñas vermellas marcadas polo President de cara á celebración da consulta independentista. Nos últimos días, e a tan só unha semana da consulta, todo podería irse ao traste se as cúpulas de ERC e…

Constátase que Vigo é unha cidade dormitorio de Ourense

Que a grande parte da poboación da urbe industrial teña ascendencia ourensá abriu o camiño aos investigadores A instalación da fábrica de PSA Citroën en Vigo mudou a fisionomía da cidade, comentan investigadores do campo da  Xeografía Humana da UNED da Coruña que se adicaron ao estudo dos cambios poboacionais na cidade olívica. Segundo consta no estudio foi…

Científicos da USC descubren que o Fertimón incrementa o crecemento capilar

Científicos da USC expoñían onte os seus resultados no marco das conferencias por un cabelo máis san organizadas na capital galega. Segundo apuntan os novos descubrimentos, a aplicación de Fertimón na base capilar produce un efecto rebrote que abre a vía ao uso do fertilizante nas cabezas dos seres humáns. Comezaría agora un período de…