Anuncian que xa chegaron a un acordo de comercialización con Alcampo
Pablo Iglesias vai celebrar a súa chegada ao primeiro posto das enquisas electorais lanzando unha colección de coleteiros deseñados polo círculo de márketing político de Podemos que agarda que a nova liña de merchandansing teña tanto éxito como o seu líder.
Na rolda de prensa na que presentaron o produto anunciaron que xa chegaron a un acordo de comercialización con Alcampo e declararon que “Agardamos chegar a heavys, jipis e perroflautas por igual” e indicaron que tamén lanzaron unha liña feminina que non se distingue en nada da masculina para que “se vexa que practicamos a igualdade de xéneros”.
Como non podía ser doutro xeito Pablo Iglesias rodará anuncios publicitarios e, para que non haxa confusión, a súa foto aparecerá no envase das gomas do pelo.
O líder de Podemos non é o primeiro político que lanza unha liña de seu. No pasado mes de febreiro o alcalde de Teo, Martiño Noriega, lanzou unha liña de sombreiros para aproveitar o seu tirón mediático.