Sucedía na maña de onte, durante o transcurrir da histórica xornada para Catalunya do 9N.

Monxas carrexando no 9N.
Sobre as 11h da pasada mañá, durante as votacións sobre a independencia de Catalunya, algo que non estaba previsto sorprendía aos observadores internacionais que vixiaban o correcto funcionamento da xornada de referendo organizada polo pobo catalán.
Membros do Partido Popular catalán chegaban ás urnas situadas no polideportivo dunha das escolas de Vic nun autobús repleto de monxas, anciáns e anciás de diferentes centros da terceira idade. Ante sorpresa de todas as persoas alí congregadas as monxas levaban a votar aos vellos e vellas sen saber que o que se estaba a decidir era o futuro de Catalunya como país independente.
Preguntados polos medios de comunicación á súa chegada, as persoas confirmaban que viñan a votar polo PP e sorprendidos polo caracter da consulta unha vez explicado polos membros da Assemblea Nacional Catalana(ANC), aproveitaban o viaxe para votar NON á secesión.
Un dos observadores internacionais, concretamente escocés, relataba así o acontecido: “Vimos chegar un orangután empuxando unha silla de rodas, que ao final resultou ser unha política do PP(Alicia Sánchez Camacho), pensaban que había que votar polo PP e cando se lle explicou o que se estaba a consultar os membros que organizaban o carrexo decidiron reunirse na parte traseira do centro educativo. Aos 10 minutos todos os vellos e vellas volvían con papeletas para votar en contra”.

Membros das mocidades independentistas catalanas axudando a persoas con discapacidades físicas a chegar aos seus colexios electorais.
O independentismo catalán tamén decidiu praticar a carretaxe como resposta.
Membros das mocidades dos partidos independentistas cataláns participantes da ANC decidiron non amilanarse e respostar aos carrexos do Partido Popular organizando as súas propias rutas de carrexo de votantes. Diferenciándose iso si, en que estes tan só axudaron a levar a votar a persoas en plenas condicións psíquicas, pero que podían ter dificultades físicas para chegar aos seus colexios electorais. As carreiras de sillas de rodas marcaron a xornada vespertina do histórico día.
Pola súa, parte ao fin da xornada, membros do PP manifestaban as súas dúbidas acerca de que a recoñecida monxa independentista Teresa Forcades non se aproveitase da súa condición eclesiástica para fomentar o voto independentista entre sarcedotes e bispos cataláns.