Política

Anova lanza a súa nova campaña “Divide e vencerás”.


Anova – Irmandade Nacionalista presentaba na tarde de onte a súa nova campaña política que leva por nome “Divide e vencerás. Pola ruptura democrática”.

Esther Duro e Martiño Noriega presentando a súa nova campaña pola ruptura.

Esther Duro e Martiño Noriega presentando a súa nova campaña pola ruptura.

No día de onte Martiño Noriega, co-portavoz da Anova, e Esther Duro co-responsábel de Organización, co-presentaban ante os medios a nova campaña da súa formación. Campaña que sae a luz tan só un día despois de que a deputada Consuelo Martínez decidira abandoar o grupo parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda(AGE) despois de que o colectivo Cerna aprobase días atrás mediante referendo telemático abandoar o partido que lidera Xosé Manuel Beiras.

Coa presentación desta campaña Anova quere “atallar o goteo de baixas, así como achegarse de novo á cidadanía para mostrar o novo proxecto que acaba de renacer” en palabras de Noriega. Pola súa parte, Duro aseguraba que as baixas que estaban chegando do colectivo escindido non supera o número de membros acusados por pertencer a presunta organización “inventada polo poder” Resistencia Galega.

O deseño e configuración dos actos que percorrerán o país basearase en explicar “a quen os queira escoitar” o por que da fragmentación continua e traumática tanto do nacionalismo galego como das formacións nas que se atopan e “buscar entre todas as persoas que se acheguen os mecanismos de ruptura que permitan á xente do común ser donas das súas vidas”.

Noriega e Duro declinaron facer declaracións sobre os intereses económicos que podería ter o colectivo Cerna, para chegar forzar a escisión da parlamentaria viguesa,  así como as posíbeis negociacións con Carmen Iglesias Sueiro, aka “la roja de siempre”, a cal tería ofrecido un posto de técnico no parlamento a Luís Eyré ‘Palleiro’.

Pintadas pedindo a readmisión de Chelo no grupo da AGE.

Pintadas pedindo a readmisión de Chelo no grupo da AGE.

Pintadas en favor de Chelo en Vigo

Por outra banda, esta mañá aparecían diversas pintadas en Vigo culpando a AGE do sucedido coa deputada galega e pedindo a readmisión desta. Polo contido das pintadas todo apunta a que sería parte do 23% do colectivo escindido de Anova que votou por continuar dentro da formación e que agora ven como ambas organizacións toman camiños diverxentes.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.