Despois de solicitar o despedimento libre, o deseñador de moda pide á volta á exclavitude
O deseñador ourensán sembrou novamente a polémica despois de solicitar ao goberno que legalizara o despedimento libre. Segundo transcendeu o empresario solicitou á reinstauración da escravitude e reeditou a famosa frase “Vivan las cadenas” durante un desfile onde substituiu os cabalos dunha carroza por modelos da súa liña de roupa.
“La arruga es bella y la marca de los grilletes ni te cuento”, contan que se lle escoitou dicir ao popular empresario de moda á vez que comentaba os cartos que se podía aforrar en maniquís se tivera escravas e escravos que puideran cumprir esa función e a de coses de balde nas súas fábricas.
As reaccións non se fixeron esperar e o Ku Klux Klan galego xa apoiou a solicitude de Adolfo Domínguez e anunciou novas manifestacións no primeiro trimestre do ano que ven.
Pola súa banda nostálxicos do estado de Texas encabezados por Chuck Norris tamén apoiaron a medida e pretenden globalizala e, dende o Ministerio de Traballo de España, comentaron que “No vemos la necesidad de reinstaurar la exclavitud. Con la reforma laboral y los nuevos contratos para jóvenes estamos prácticamente en ella”.