Tecnoloxía

O novo reloxo de Apple podería ser quen de amosar a hora


O novo dispositivo que a marca da mazá ten pensado lanzar no próximo ano 2015 sería capaz de amosar a hora e incluso partillala con persoas que cha pidan.

A revolución chega unha vez máis de mans da empresa de Silicon Valley, que volve revolver mercado e poñelo de patas arriba co seu novo anuncio. Un dispositivo futurista, capaz de mostrar a hora en calquera momento do día, ou da noite, e cunha economización da batería que podería chegar ate as 6h en repouso.

Ademais destas novidades, o reloxo presentado podería tamén incluír o visionado en tempo real de data, incluíndo o día, mes e ano, para facilitar así aos usuarios saber en que día están. “Nestes tempos frenéticos, Apple considera que os seus clientes teñen dereito a estar informados de cal é a súa situación temporal con respecto ao calendario xuliano” expresaba o CEO de Apple durante a multitudinaria presentación.

Nos últimos meses víñase rumoreando coa aparición deste novo gadget, pero ate agora ninguén se esperaba que as prestacións fosen de tal calibre. Fontes internas de Apple aseguran que as sorpresas non quedarán aí, e que se está tentando implementar novos servizos como o cronómetro ou a conta atrás.

Apple conseguiría así entrar nun novo nicho do mercado ate o de agora dominado pola marca Casio. Está agora por ver como se comportan a vella compañía xaponesa, fundada en Tokyo no ano 1946.

Un dispositivo que consegue mesturar tecnoloxía e deseño e que presenta outra gran novidade, a compañía americana presentará unha campaña de marketing personalizada para as distintas nacións do estado español, incluíndo etiquetaxes nos diferentes idiomas e chamando ao seu gadget en Galiza, o iReloxo.

Apple presentou o seu novo reloxo, o iReloxo, con campaña propia para Galiza.

Apple presentou o seu novo aparello, o iReloxo, con campaña propia para Galiza.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.