Cultura

Un magosto popular asará 10 concelleiros envoltos en papel Albal


“Si haberá pan para tanto chourizo”, apuntan dende a organización

concelleiros chourizos

Os concelleiros chourizos antes de ser metidos no lume a asar

A asociación Carnelao e a Plataforma Santiago de Corruptela organizarán conxuntamente este martes en Compostela un magosto popular no que o menú principal serán 10 concelleiros xunto coas tradicionais castañas, viño e licor café. O lema desta peculiar celebración do San Martiño será “Pápaos antes de que te papen a ti”.

“Temos os mellores chourizos do mundo”, informan dende a organización. “E xa anunciamos que desta vez haberá suficiente pan para tanto chourizo”, engaden.

Santiago de Compostela é famosa no corruptódromo estatal por ser a corporación que máis imputados tiña. Ata tal punto que se esgotou a lista que presentou o Partido Popular e tiveron que ser substituídos por militantes que non foron elixidos nas pasadas eleccións municipais. A capital galega foi salpidada polos escándalos de corrupción. Así, Gerardo Conde Roa, primeiro alcalde foi obrigado a dimitir por fraude á facenda pública e substituído despois por Ángel Curras que subiu o listón e foi imputado na famosa Operación Pokemon. Incluso Paula Prado, a quen Feijoo tratou de rescatar da queima municipal a través do nomeamento como voceira do Partido Popular de Galicia, tivo que dimitir ao verse tamén salpicada pola Operación Pokemon.

 

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.