Que a grande parte da poboación da urbe industrial teña ascendencia ourensá abriu o camiño aos investigadores
A instalación da fábrica de PSA Citroën en Vigo mudou a fisionomía da cidade, comentan investigadores do campo da Xeografía Humana da UNED da Coruña que se adicaron ao estudo dos cambios poboacionais na cidade olívica.
Segundo consta no estudio foi nesa época cando os poucos habitantes de antiga cidade de Vigo se viron rebasados pola emigración que chegaba fundamentalmente de Ourense. A día de hoxe os descendentes de ourensáns superan en número ao de nativos vigueses que traballan na cidade e van pasar o fin de semana á súa vila de procedencia. Isto explica os atascos á saída de Vigo o venres pola tarde e os que se producen o domingo de tarde ao regreso.
O comportamento da cidade, conclúen, é o típico dunha cidade dormitorio, comportamento que soamente se cambia cando xoga o Celta na casa.
O documento compleméntase cun amplo estudo da ‘toma’ ourensá da praia de Samil durante a época estival. A Xunta de Galicia xa está a estudar a creación dunha nova área metropolitana conxunta Ourense-Vigo.
Abel Caballero xa amosou o seu rexeitamento total e prometeu cavar unha zanxa para separar totalmente a Vigo do resto de Galiza.