Científicos da USC expoñían onte os seus resultados no marco das conferencias por un cabelo máis san organizadas na capital galega.
Segundo apuntan os novos descubrimentos, a aplicación de Fertimón na base capilar produce un efecto rebrote que abre a vía ao uso do fertilizante nas cabezas dos seres humáns. Comezaría agora un período de testeos en persoas para o que a USC pide voluntarios ou cobayas humanas para facer probas e poder así mellorar as súas fórmulas.
Representantes da dirección de Fertimón clarexaron que non poderán exhibir a súa fórmula, pero afirman que pronto estará en tódolos mercados, ou nas agropecuarias máis próximas. Fertimón produciría un efecto dilatador nos poros capilares abonando o pelo desde a súa raíz e conseguindo que este volte a nacer con máis forza, mesmo en lugares onde xa non había restos deste.
Berlusconi, Bono e Hilario Pino foron os primeiros en recibir a nova fórmula xa hai uns anos. Realmente parece ser que o descubridor orixinario foi o expresidente italiano cando, nunha das súas coñecidas festas-orxía, deu un revolcón nunha leira recén estrada con Fertimón e Calfensa. Días despois do feito comezaron a rebrotarlle cabelos e unha pranta de guisantes na cabeza e comezaron as investigación que remataron no descubrimento que agora publica a Universidade de Santiago Compostela.

Imaxe da nova campaña de Fertimón, co antes e despois de Paco Rodríguez
Segundo os primeiros indicios o precursor galego en probar este fantástico remedio sería o líder da UPG e patriota galego, Paco Rodríguez, quen, como vemos na fotografía á nosa dereita tería experimentado un apreciábel crecemento do seu pelo en zonas nas que antes non tiña un pelo de parvo. Todo apunta ademais que o propio Paco Zarzuelas sería a nova imaxe pública da marca galega, na súa campaña capilar, seguindo a estela doutros ilustres do panorama galego como o futbolísta do Deportivo da Coruña, Donato, que tamén protagonizaron campañas da empresa galega.