Sondaxe contratará a Arguiñano para a cociña das súas enquisas

A empresa aposta así pola cociña de autor e a deconstrución dos datos electorais que se lle servirán quentiños á audiencia Sondaxe, a empresa especializada en estudos de opinión e electorais, pertencente á Corporación Voz de Galicia, anunciou que fichará a Karlos Arguiñano para colaborar na cociña das súas enquisas e contar, así, cun dos cociñeiros mediáticos…

Feijóo transformará Monte Pío nun motel

Ante as críticas por parte da oposición polo uso fraudulento de cartos públicos para acoller as pernoctas do seu “amigo” Pachi Lucas, o Presidente da Xunta decide converter a residencia de Monte Pío nun motel de titularidade pública. Feijóo anunciaba este novo plan, a cargo da Consellería de infraestruturas, polo cal convertirá a residencia oficial…

La Voz de Galicia fusionarase co DOG

A nova cabeceira de Santiago Rey será aínda máis oficialista La voz de Galicia destaca por ser o medio de comunicación máis subvencionado do estado. Cada vez que saen axudas aos medios o xornal coruñés ocupa o primeiro posto no ranking de cantidades dadas a dedo polo executivo de Alberto Núñez Feijoo. Ademais diso, o…

Veganos sementan chourizos para “comer algo decente”

Os avances na investigación da carne cultivada tratan de ser aplicados nunha leira do país A carne cultivada xa é unha realidade dende que a NASA intentou atopar fórmulas para alimentar mellor os seus astronautras cando estaban no espazo. Xa no ano 2000 conseguiuse facer un filete de carpa no laboratorio pero a popularidade e esperanza…

Artur Mas: “Espanya vai de guai e non chega a chachi”

O President deixa claro que non se amilanará ante as ameazas xudiciais procedentes de Madrid. Así parafraseando aos rockeiros galegos Medomedá, Artur Mas referíase ao goberno do Estado español e veladamente ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy. Artur Mas asegurou en rolda de prensa que as presións que desde os estamentos xudiciais españois se están a…

Consuelo Martínez reclama parte da herdanza da Duquesa de Alba para o Grupo Mixto

De non ser así anunciou que recorrería ao Tribunal Constitucional Consuelo Martínez, nova integrante do Grupo Mixto, xunto con Carmen Iglesias reclamou parte da herdanza da Cayetana Fitz-James Stuart para conformar e completar a dotación económica do Grupo Mixto. Segundo anunciou a parella nun comunicado están dispostas a renunciar a 3/5 partes sempre e cando as outras…

Ana Aznar, nova afiliada do PNV

Unha foto colgada na rede social Twitter vén de desatar a tormenta mediática da semana. A filla de José María Aznar, expresidente do goberno español, posa xunto ao seu marido Alejandro Agag coa bandeira vasca, a ikurriña. Tralas investigacións levadas a cabo por diversos foros de internet como Forocoches.com ou Mediavida.com confirmaríase a noticia. Ana…

Que foi de… Filipe Díez?

A desaparición do coñecido opinador, causa confusión tanto nas redes como na vida política galega. Filipe Díez, o que fóra un dos primeiros trolls galegos e precursor da opinoloxía política no noso país, atópase en paradoiro descoñecido desde hai meses, sen que ninguén saiba nada del nin nas redes sociais nin na vida real. A día…