A empresa aposta así pola cociña de autor e a deconstrución dos datos electorais que se lle servirán quentiños á audiencia
Sondaxe, a empresa especializada en estudos de opinión e electorais, pertencente á Corporación Voz de Galicia, anunciou que fichará a Karlos Arguiñano para colaborar na cociña das súas enquisas e contar, así, cun dos cociñeiros mediáticos máis reputados do estado.
A empresa serviulle este domingo a Alberto Núñez Feijoo un prato deconstruído no que se mesturaban moitos ingredientes que nunca se cociñan xuntos pero o resultado deixou un sabor no padal que foi moi do gusto do presidente da Xunta.
O prato foi bautizado como ‘Podemos mesturar produtos da marea con agetes tenros’ e, ante o éxito colleitado, a empresa decidiu fichar a Karlos Arguiñano para que prepare novas receitas e contará coa colaboración de Ferrán Adriá para deconstruír as sondaxes.
Pola súa banda, o crítico gastronómico Carlos Neira Cortizas, foi ingresado por intoxicación tras probar unha ración da enquisa do domingo aínda que fontes de Sondaxe xa se apresuraron a desmentir que fora por algún dos seus produtos. “Seguramente se comió una encuesta en mal estado de otro períodico”, comentaron.