Internacional

Ana Aznar, nova afiliada do PNV


Unha foto colgada na rede social Twitter vén de desatar a tormenta mediática da semana. A filla de José María Aznar, expresidente do goberno español, posa xunto ao seu marido Alejandro Agag coa bandeira vasca, a ikurriña.

Tralas investigacións levadas a cabo por diversos foros de internet como Forocoches.com ou Mediavida.com confirmaríase a noticia. Ana Aznar, a filla do terceiro das Azores teríase afiliado ao PNV.

Ana Aznar no centro da imaxe, xunto a Alejandro Agag e outros membros do PNV.

Ana Aznar no centro da imaxe, xunto a Alejandro Agag e outros membros do PNV.

Como xa o fixera seu bisavó nos anos 20, parece que Ana Aznar se convirte nunha especie de axente político evolutivo, salvo por unha pequena diferenza, o sentido da evolución. Mentres Manuel Aznar Zubigaray, bisavó de Ana e avó de Jose Mari foi mutando desde o PNV, sendo un fiel defensor dos postulados de Sabino Arana, pasando polo Partido Republicano Conservador ate ser un fiel discípulo do franquismo, chegando a ser embaixador. Polo contrario a traxectoria de Ana pasaría por uns comenzos baseados na liña do franquismo herdado coa transición, pasando polo Partido Popular e rematando así desta volta no Partido Nacionalista Vasco, xunto ao seu marido Alejandro Agag.

As reaccións á noticia non se fixeron esperar, e nun acto de FAES, José María Aznar, disgustado porque á noticia saíse á luz, afirmaba que “en las mejores familias hay ovejas negras…. de todas maneras, van a decirme a mí que si el País Vasco es España o no?”.

Por parte PNV, tan só confirman á noticia pero recalcan que tanto Ana como Alejandro, polo de agora, tan só serán militantes de base.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.