Ciencia

Veganos sementan chourizos para “comer algo decente”


Os avances na investigación da carne cultivada tratan de ser aplicados nunha leira do país

sementeira de chourizos

Sementes de chourizo na leira piloto

A carne cultivada xa é unha realidade dende que a NASA intentou atopar fórmulas para alimentar mellor os seus astronautras cando estaban no espazo. Xa no ano 2000 conseguiuse facer un filete de carpa no laboratorio pero a popularidade e esperanza entre os veganos medrou exponencialmente cando PETA, a organización animalista, ofreceu 1 millón de dólares á primeira compañía que comercializara carne de polo cultivada.

Nacemento da idea

Foi precisamente esta idea a que utilizaron estes visionarios do país para idear a primeira leira de chourizos. “Vimos un chourizos pequeniños no súper e ímolos utilizar de semente”, comentan. “Mercamos dos picantes e dos normais, así serán como os pementos de Padrón: uns picarán e outros non”, engaden os promotores da leira cárnica.

Sementando chourizos ecolóxicos

Sementando chourizos ecolóxicos

“Por fin comeremos algo decente”, comenta outros dos promotores da leira. “Xa estabamos pensando en apostatar do veganismo xa que agora ven a época da matanza e isto faise moi duro”.

Os promotores da leira de chourizos xa anunciaron que ían falar con Ana Miranda por se quería facer prácticas na leira pero aínda non teñen resposta oficial por parte do BNG.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.