Política

Compromiso por Galicia anuncia que o seu próximo congreso será en Bulgaria


Anunciouno o seu partido despois de que Xoán Báscuas fora elixido polo 100% dos votos

bascuas number oneCompromiso por Galicia celebrou este domingo día 16 de novembro o seu I Congreso Nacional baixo o lema “Galicia en positivo” e procederon a renovar os seus órganos de partido e a votar a súa estratexia cara as eleccións municipais.

Á Secretaría Xeral soamente se presentou o actual secretario, Xoán Báscuas, e logrou a reelección co 100% dos votos.

Fontes da embaixada de Bulgaria en Madrid declararon que “Estes de Compromiso son uns brutos! Cando Todor Zhikov era reelixido, congreso tras congreso, secretario xeral do Partido Comunista Búlgaro o resultado era dun 99% dos votos”.

Zhikov, secretario xeral do PCB durante 35 anos e foi sempre reelixido congreso tras congreso. Nunca tivo contrincantes e sempre conseguía o apoio entorno ao 99% dos sufraxios. “Sempre é bo aparentar que hai unha pequena e sana disidencia”, engaden as mesmas fontes que incluso se permitiron o luxo de bromear e falar de “Compromiso por Bulgaria (CxB)”

Analistas políticos xa están a estudar o fenómeno provocado por esta votación en CxG: Os votantes sitúanos no centro pero, tal nivel de disciplina, podería variar o seu espectro ideolóxico ao comunismo máis ortodoxo.

 

 

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.