Sociedade

Consuelo Martínez reclama parte da herdanza da Duquesa de Alba para o Grupo Mixto


De non ser así anunciou que recorrería ao Tribunal Constitucional

Consuelo Martínez, nova integrante do Grupo Mixto, xunto con Carmen Iglesias reclamou parte da herdanza da Cayetana Fitz-James Stuart para conformar e completar a dotación económica do Grupo Mixto.

Segundo anunciou a parella nun comunicado están dispostas a renunciar a 3/5 partes sempre e cando as outras dúas quintas partes llas dean a elas e así quedar con cadansúa parte.

Indicaron tamén que, se isto non acontecía, era por culpa dos grupos parlamentares ‘pata negra’, xa que son uns ‘porcos’ e que a mesa do parlamento en realidade non é unha mesa senón persoas que representan a outros grupos.

Fontes non oficiais informan que Cerna levaría a propiedade do castelo de Monforte de Lemos onde fixarían a súa sede nacional dada a súa proximidade a Chantada.

As mesmas fontes indican que Carmen Iglesias, obtería o Castelo de Monterrei próximo a Xinzo de Limia onde foi alcalde o seu irmán Gonzalo Iglesias Sueiro. Isto solventaría a problemática creada pola Xunta de Galicia de acabar co uso cultural do castelo e adicalo a hotel de luxo. “Si me lo dejan arreglado mejor […] Ríete tú del Pazo de Meirás ese… Voy a ser como Carmen Polo!”, contan que din que dixo Carmen Iglesias, suposta  antifranquista e republicana.

consuelo martinez duquesa de alba

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.