Política

A recomposición da dereita galeguista: Coalición Galega, Terra Galega, Cerna e CxG nunha mesma fronte


O recente acordo de coalición entre Coalición Galega e Terra Galega ciría a precipitar os acontecementos, polos cales, a dereita galeguista, moitos anos despois, volverá a presentarse unida a uns comicios electorais.

Logo temporal da "Gran Coalición"

Logo provisorio da “Gran Coalición”

A falta de pechar flecos e de legalizar a coalición como tal, todo parece indicar que os partidos nacionalistas galegos de carácter burgués, foron capaces de esquecer vellas disputas para entrar todos baixo un mesmo paraugas.

Os sucesos dos últimos meses, desde a escisión de Cerna, ate ao principio de acordo de coalición entre Coalición Galega e Terra Galega, fixeron que os astros se alineasen para que finalmente os catro partidos da órbita da dereita galega puideran confluír no que les din en chamar “a nova mansión común”.

Pero todo isto non podería ter ocorrido de non ser por un actor fundamental, Anxo Quintana, que tería aproveitado a súa xira galega para tecer os contactos precisos para conseguir a converxencia. Todo apunta, polo tanto, que Quintana estará chamado a ser o portavoz nacional desta “Gran Coalición” que abarcará caras coñecidas como o propio Quintana, Xoán Bascuas, Rafa Cuíña, Paco Trigo, Mario López Rico ou Xoán Gato.

Fontes internas confirman que se esperan novas unións como son as do colectivo Abrente, que polo de agora aínda permanece no BNG.

Deste xeito, a nova “Gran Coalición” galega, ademáis dun peso político contundente contaría cunha diputada no Parlamento de Galiza, xa que, Consuelo Martínez, militante de Cerna pasaría a engrosar as filas do novo partido. Incluso se podería estar barallando a inclusión da propia Carmen Iglesias para contar así cun grupo parlamentar propio desde o que poder emitir o seu mensaxe autonomista.

Este sábado está prevista unha rolda de prensa no hotel Virxe da Cerca de Compostela, na cal se dará máis datos acerca da formación e na que presumiblemente se anunciará a Portavocía de Quintana e un futuro Congreso Nacional no que dirimir toda a casuística dos proximos períodos electorais.

Haberá ampliación…

3 thoughts on “A recomposición da dereita galeguista: Coalición Galega, Terra Galega, Cerna e CxG nunha mesma fronte

  1. Isto non ten credibilidade!! O de TeGa e a NOVA CG (a vella forma parte de Compromiso) si que é certo, pero o demáis, a suposta unión “burguesa” a se se refire o artigo son elucubracións do autor.

    • Ogallá ! Galiza necesita ese partido galego. Aí poderían converxer moitas sensibilidades ,fóra de extremismos. Só se pide sentido común.Todos sabemos que Galiza non é maioritariamente extremista( últimas enquisas). O PP non ten contrincante. Un partido así tería moito andado. Ánimo e deixádevos de veleidades ideolóxicas que os galegos non ententen. Converxer é a saída. Hai unha burguesía en Galiza e autonomista. Ese é o camiño…

  2. Se queremos avanzar cara unha politica propia, galega, e feita dende aquí, nencesitamos un espello no que se mire a esquerda nacionalista. Se os movementos pola independencia están tan avanzados en Cataluña en no País Vasco é porque o sentimento nacional vai mais aló de ideoloxias de esquerda e dereita, a nación vai antes.

    Que non se me malinterprete, non digo que a esquerda nacionalista abandone os seus postulados, digo que este espazo é necesario se queremos ter país, carallo. Se queremos quitarlle o electorado ao PP necesitamos partidos que convenzan, en clave galeguista, a estes votantes.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.