Ante as críticas por parte da oposición polo uso fraudulento de cartos públicos para acoller as pernoctas do seu “amigo” Pachi Lucas, o Presidente da Xunta decide converter a residencia de Monte Pío nun motel de titularidade pública.
Feijóo anunciaba este novo plan, a cargo da Consellería de infraestruturas, polo cal convertirá a residencia oficial do presidente da Xunta nun motel público. O novo motel previsiblemente continuaría a ser de titularidade pública, aínda que se faría unha concesión privada para a súa remodelación e posterior xestión e mantemento.

A Feijoo árdelle a bragheta nunha das visitas de Pachi Lucas o pasado verán.
As continuas pernoctas do seu “amigo” Pachi Lucas, e as críticas por parte de membros da oposición no Parlamento Galego, fixeron que o executivo popular decidise por vía de urxencia sacar adiante a resolución e publicará nos próximos días en La DOG de Galicia a convocatoria do concurso para a súa explotación.
Deste xeito o narcopresidente, como gosta de ser chamado, pretendería acalar as críticas sobre o seu amancebamento co conseguidor da trama ZETA, Pachi Lucas, así como as críticas ao mancillamento dos bens públicos situados na residencia de Monte Pío.
Diferentes empresas privadas, do sector da construcción, xa mostraron o seu interesa na remodelación da vivenda presidencial, e publican algunhas infografías de como podería quedar finalmente o Monte Pío Motel.

Infografía do Monte Pío Motel que xa circula pola rede.
was für ein cliffhanger! weitermachen!