Internacional

Artur Mas: “Espanya vai de guai e non chega a chachi”


O President deixa claro que non se amilanará ante as ameazas xudiciais procedentes de Madrid.

Así parafraseando aos rockeiros galegos MedomedáArtur Mas referíase ao goberno do Estado español e veladamente ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy.

Artur Mas falando ante os medios.

Artur Mas falando ante os medios.

Artur Mas asegurou en rolda de prensa que as presións que desde os estamentos xudiciais españois se están a exercer contra a Generalitat non buscan máis que publicitar e facer proselitismo do executivo central nun duro momento para o Partido Popular, envolto en procesos xudiciais por corrupción ao longo de todo o estado.

A Fiscalía Xeral do Estado presentou este venres a querela contra o presidente da Generalitat, pola suposta comisión de delitos de desobediencia grave, prevaricación, malversación e usurpación de funcións no proceso participativo do 9-N. O rexistro do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña recibiu a denuncia, asinada polo Fiscal Superior, José María Romeu de Tejada, ás 12.20. O fiscal xefe catalán tivo que presentar a denuncia por orde do fiscal xeral do Estado, Eduardo Torres-Dulce, a pesar da súa negativa (xunto aos outros oito fiscais que compoñen a xunta en Cataluña) a acusar ao presidente da Generalitat, Artur Mas.O aspecto común das condenas para o catro delitos é que levan penas de inhabilitación.

Mas referiuse a España como un matón de pouca monta que quere facer uso da diferencia de tamaño entre España e Cataluña para amedrentar, asustar e evitar a futura sedición do País Catalán. O president aproveitou para, utilizando de novo verbas do grupo Medomedá para dirixirse a Rajoy: “Per a tu entendre a mi, jo explicar a tu, a poc a poc, tots tenir un cervell, per poder usar, dins de crani. Tu ser la baula perduda de l’evolució.” E rematando coa frase “Espanya va de guai i no arriba a chachi”.

Aquí podedes escoitar a canción dos Medomedá á que Artur Mas fixo mención:

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s