Política

O único afiliado do PP de Compostela que aínda non foi concelleiro agarda pola súa oportunidade


“Aún quedan 6 meses; todavía conservo la esperanza de que me llamen para alcalde”.

Estas eran as palabras de José Juan, o único afiliado do Partido Popular de Compostela que aínda non pasou polo concello como membro da corporación santiaguesa.

Os continuos vaivenes de concelleiros populares na capital galega, debidos en gran parte a meter man onde non debían ou a poñer o cazo a ver que caía, fixo que, desde os pasados comicios, os postos de concelleiro non deixaran de variar. Desde a fuxida de Conde Roa pasando polas condenas de María Pardo, Cecilia Sierra, Amelia González, María Castelao, Luis García Bello, Juan de la Fuente, Francisco Noya ou o propio exalcalde Ángel Currás remataron por obrigar aos populares a cubrir as prazas do concello con persoas non electas, a última delas a popular Maite Cancelo, que non figuraba na papeleta electoral.

Ante este apocalíptico panorama tan só un afiliado do PP de Compostela non pasou polo concello, cando menos coma concelleiro. “Yo voy todos los días por allí a ver si alguno prevarica algo, o pillan a alguien traficando con influencias, pero por ahora nada de nada”.

José Juan, que non quixo darnos o seu apelido por motivos de privacidade, afirma que a esperanza é o último que se perde e que aínda quedan 6 meses para que poda entrar e incluso gobernar. En canto á súa opinión, sobre os compañeiros imputados e condenados, móstrase taxante: “A mi eso me da igual, si no saben robar que no lo hagan, lo que me importa ahora es que De Lara haga bien su trabajo y caiga alguno más, con uno es suficiente”.

Infografía da situación política do PP na cidade de Compostela

Infografía da situación política do PP na cidade de Compostela

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s