A asemblea do BNG escollerá entre o pleistoceno e o paleolítico

Os militantes da organización frontista poderán escoller entre dúas teses políticas: unha pleistocénica e outra paleolítica. Agárdase que a militancia se decante polo texto paleolítico xa que é moito máis moderno e, cando menos, xa existían humanos nese período. Bautista Álvarez xa anunciou que se decantará polo pleistoceno e defenderá abrir a organización aos trilobites…

Martiño Noriega servirá persoalmente as comidas dos comedores escolares

Unha nova entrega do culebrón obriga ao alcalde compostelán a tomar cartas no asunto. O drama das comidas nos colexios de Compostela avanza un día máis cara unha nova entrega. Desta volta a repentina volta atrás da compañía Serunión, que viña xestionando ate o de agora as comidas, e que fora reelexida polo consistorio novamente…

A executiva do PSOE entrará en grupo en ‘Gran Hermano VIP’

Telecinco fichará, en pleno, a toda a executiva do PSOE para que forme parte do elenco da actual edición de Gran Hemano VIP. As últimas filtracións da executiva do partido socialista que sairon á luz recentemente fixo mover ficha aos directivos da cadea privada. A produtora Zeppelin TV, responsábel do programa de entretemento social Gran Hermano VIP,…

O círculo eclesiástico de Podemos pide conventos de clausura abertos e transparentes

O escándalo xerado en Compostela polas Mercedarias cataliza a resolución do círculo eclesiástico da formación de Pablo Iglesias. Ameazas, coaccións, traballo en condicións de escravitude… eran algunhas das situacións vivivas por varias mulleres de orixe india que permanecía retidas no convento das mercenarias en Compsotela. Este feitos, que de ser investigados, son para Podemos, de…

Valencia abrirá un novo parque temático sobre a corrupción

Acábase de anunciar que se abrirá, en Valencia, un novo parque temático sobre a corrupción. Estará ao lado de Terra Mítica e, segundo avanzou un alto cargo do Partido Popular, será construído por unha empresa de Florentino Pérez. Contará co seu propio aeroporto e coa súa propia liña de AVE. A estación será singular e…

Caso Prestige: a culpa é da Marea

O portavoz no Parlamento do Partido Popular, Pedro Puy, lanza unha ofensiva contra a coalición de Podemos e Anova. Catorce anos despois da traxedia marítima do Prestige e no día de coñecer a sentencia do Tribunal Supremo, que condea ao capitán do petroleiro, Prestige a 2 anos de cárcere, o voceiro do grupo parlamentar do…

Paco Rodríguez pídelle a Breogán Riobóo que purgue a Aymerich

Visto que o Bloque non se atreve a facer movementos internos nestas datas tan convulsas para a formación nacionalista decidiron solicitar o apoio ao rival electoral para facer o traballo. O que fora secretario xeral da UPG solicitoulle formalmente a Breogán Riobóo que bote do BNG a Aymerich. Segundo explicaron fontes próxima á fronte nacionalista non…

Feijóo pregunta en oQue.gal como se goberna

O presidente da Xunta é un dos primeiros políticos galegos que se lanza ao uso a rede social galega oQue.gal. Desde a tarde do domingo una pregunta surca a web galega e acumula centos de miles de respostas. A pregunta non é doutra persoa que o presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijóo, que baixo…

Paco Rodríguez despreza a Bildu por españolista

O último artigo do Terra e Tempo carga duramente contra a formación vasca tralo pacto con IU no Congreso español. Como xa sucedera despois dos comicios europeos de 2014 Paco Rodríguez volve a exhaltarse criticando á formación vasca, no que o veterano dirixente da UPG tilda de vergoña españolista a actitude da formación no Congreso español ao pactar…