Unha nova entrega do culebrón obriga ao alcalde compostelán a tomar cartas no asunto.

Noriega no seu novo traballo como camareiro escolar.
O drama das comidas nos colexios de Compostela avanza un día máis cara unha nova entrega. Desta volta a repentina volta atrás da compañía Serunión, que viña xestionando ate o de agora as comidas, e que fora reelexida polo consistorio novamente mediante un contrato negociado, obriga ao goberno de Compostela Aberta a capear do mellor xeito posible para sacara adiante o problmea que se prolonga xa desde hai varios meses.
Deste xeito o partido no goberno deicidiu onte en xunta de goberno enviar ao seu alcalde a servir as mesas dos comedores escolares. Uniformado como camareiro, Martiño Noriega servirá unha a unhas todas as mesas dos comedores escolares da capital galega.
Porén, Noriega non será o único en vestirse para a ocasión, especúlase que varios dos seus concelleiros poderían ser os encargados de preparar os menús nas cociñas de autocaravanas que o Concello de Compostela porá a disposición.