O último artigo do Terra e Tempo carga duramente contra a formación vasca tralo pacto con IU no Congreso español.
Como xa sucedera despois dos comicios europeos de 2014 Paco Rodríguez volve a exhaltarse criticando á formación vasca, no que o veterano dirixente da UPG tilda de vergoña españolista a actitude da formación no Congreso español ao pactar con Izquierda Unida (e tamén Esquerra) para conseguir un grupo parlamentar propio.
Desde a dirección da propia UPG aseguran que Bildu véndese ao españolismo e ironizan que a partir de agora pasaran a chamarse EspañoliaBildu – EHBildu e enfatizan na perda de interés para eles como organización da esquerda nacionalista vasca.
Paco Rodríguez de xeito metafórico asegura que no cocido do nacionalismo periférico do estado plurinacional español hai demasiado unto, o cal hai que estirpar.
Bautista Álvarez, que colabora no artigo afirma, que o barco de Bildu non sabe ler o seu compás e está perdido en augas españolas e recalca que se ao igual que no BNG os grumetes non poden ser os que leven o barco, despois pasa o que pasa, naufraga en augas españolas e españolistas.