Sociedade

A executiva do PSOE entrará en grupo en ‘Gran Hermano VIP’


Telecinco fichará, en pleno, a toda a executiva do PSOE para que forme parte do elenco da actual edición de Gran Hemano VIP.

As últimas filtracións da executiva do partido socialista que sairon á luz recentemente fixo mover ficha aos directivos da cadea privada. A produtora Zeppelin TV, responsábel do programa de entretemento social Gran Hermano VIP, anunciou que van tratar de fichar en pleno a toda a executiva do partido de Pedro Sánchez para formar parte da actual edición.

Anuncian que, se non é posíbel para esta, tratarán de facer unha edición do programa soamente cos socialistas xa que dan moito xogo. O programa emitirase as 24 horas seguidas durante todo un curso político. ‘O que podemos escoitar aí non ten desperdicio. Pensamos que o programa sería un éxito tanto entre os votantes do PSOE como entre os do PP’, declararon.

‘Ofrecímoslle unha habitación separada para o PSC pero rexeitáronna. Representantes do partido dixeron que agora xa non había diferencias e preguntaronnos se lla podíamos dar aos ministros felipistas’, engadiron os representantes da produtora que tamén destacaron que o acordo foi posíbel xa que os baróns dixeron que ‘Pedro Sánchez para isto, si que vale’.

Voceiros de Podemos acusaron a Telecinco de ‘bipartidista’ ao non incluír membros da súa formación.

gran hermano gh vip psoe

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.