Os militantes da organización frontista poderán escoller entre dúas teses políticas: unha pleistocénica e outra paleolítica.

Membros da UPG negociando con En Marea
Agárdase que a militancia se decante polo texto paleolítico xa que é moito máis moderno e, cando menos, xa existían humanos nese período.
Bautista Álvarez xa anunciou que se decantará polo pleistoceno e defenderá abrir a organización aos trilobites galegos.
‘Que sexan eles quen dirixan a organización. Nin grumetes nin capitán. O futuro está no pasado. Que nos dirixan os trilobites!’, declarou.
Francisco Rodríguez non se quixo pronunciar sobre a súas predileccións e soamente apuntou que ‘as dúas están ben. Naquelas épocas non existía nin En Marea nin Beiras polo que ambas as dúas son boas para o nacionalismo’.
Pingback: Galicia: entre a política e a moral. Galeguismo e posibilidades contrahexemónicas no reino de Feijóo – A Xanela
Pingback: Galicia: entre la política y la moral. Galleguismo y posibilidades contrahegemónicas en el reino de Feijóo - Debats pel Demà
Pingback: Galicia: entre la política i la moral. Galleguisme i possibilitats contrahegemòniques en el regne de Feijóo - Debats pel Demà