Política

En Marea terá un subgrupo dentro do grupo de Podemos que non será un grupo senón un grupo de grupos


As formación que integran En Marea considera que a cousa xa queda suficientemente clara e non darán máis explicacións.

en marea subgrupoO culebrón da última semana que protagonizou a posibilidade de que En Marea tivera grupo propio no congreso zanxouse na tarde de onte coa integración de todos os deputados da formación no grupo de Podemos. Segundo explicaron os voceiros pasarán a conformar un subgrupo dentro de Podemos e non terán disciplina de voto e contarán con voceiro propio que non saben se poderá falar nalgunha ocasión xa que o voceiro do grupo de Podemos será Pablo Iglesias.

Deste xeito, Miguel Anxo Fernán Vello e Alexandra Fernández de Anova, David Bruzos de Ourense en Común e Yolanda Díaz que non sabemos se continua a ser de Esquerda Unida pasan a formar parte do grupo de Podemos. Segundo comunicaron o grupo de Podemos non será o grupo de Podemos senón un grupo confederal que conformará un conxunto de grupos e subgrupos. Neles integraranse tamén as deputadas e deputados cataláns de En Comú Podem e algúns dos deputados valenciáns excepto os de Compromís que tratarán de conformar un grupo propio. ‘Estes valencianos siempre tan separatistas’, declararon fontes próximas a Podemos.20

 

One thought on “En Marea terá un subgrupo dentro do grupo de Podemos que non será un grupo senón un grupo de grupos

  1. Pingback: En Marea tendrá un subgrupo dentro del grupo de Podemos que no será un grupo, sino un grupo de grupos [GL] [HUMOR]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.