Feijóo pregunta en oQue.gal como se goberna


O presidente da Xunta é un dos primeiros políticos galegos que se lanza ao uso a rede social galega oQue.gal.

oque.galDesde a tarde do domingo una pregunta surca a web galega e acumula centos de miles de respostas.

A pregunta non é doutra persoa que o presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijóo, que baixo o usuario AldeanoDosPeares fórmula a pregunta máis contestada da historia da páxina web galega.

‘Como podo gobernar Galicia?’, esa é a pregunta que Feijóo lanza ao ciberespazo e aos galegos que participan na web oQue.gal. As respostas son de toda índole, desde teorías como “a man invisíbel” de Adam Smith, a aplicación práctica en Galiza do Mein Kampf.

A cuestión do presidente non pasou desapercibida para a oposición no Parlamento Galego, e algún dos deputados non tardou en contestarlle a Núñez, como é o caso de Ana Pontón ou o propio Beiras, esté último inserindo unha ligazón á compra do seu ensaio económico ‘O atraso económico de Galiza’. 

Por outra banda numerosas persoas optan por dedicarlle algunhas palabras ao líder do PP galego, as cales TemposGalegos non reproducirá por consideralas dunha gran dureza.

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.