Acábase de anunciar que se abrirá, en Valencia, un novo parque temático sobre a corrupción. Estará ao lado de Terra Mítica e, segundo avanzou un alto cargo do Partido Popular, será construído por unha empresa de Florentino Pérez.
Contará co seu propio aeroporto e coa súa propia liña de AVE. A estación será singular e estará próxima ao recento nun terreos recentemente recualificados.
Para facilitar o acceso dos turistas constuirase unha autoestrada de peaxe e, para paliar os déficits de auga que poida haber na zona, o parque contará co seu propio trasvase do Ebro. Ambas obras serán realizadas por FCC aínda que a última palabra teríaa Aquamed.
Entre as atraccións coas que contará o parque anunciáronse un circuito de Fórmula 1 co seu propio Grand Prix, un museo de cera sobre a corrupción con reproduccións das persoas máis salpicadas do estado, atraccións acuáticas xestionadas por Aquagest que estarán cruzadas por non menos 30 pontes deseñados por Calatrava e, como colofón, os visitantes poderán mercar lotería propia do parque que terá suculentes premios en metálico, se ben sempre lle tocará a Fabra.