O escándalo xerado en Compostela polas Mercedarias cataliza a resolución do círculo eclesiástico da formación de Pablo Iglesias.
Ameazas, coaccións, traballo en condicións de escravitude… eran algunhas das situacións vivivas por varias mulleres de orixe india que permanecía retidas no convento das mercenarias en Compsotela. Este feitos, que de ser investigados, son para Podemos, de fácil reincidencia en diferentes sedes polo país adiante fixeron que nos últimos días o círculo eclesiástico da formación morada se reactivase para lanzar á prensa un comunicado.
En dito comunicado a formación de Pablo Iglesias, urxe en Galicia a iniciar un dialogo sen imposicións entre as forzas políticas, a masa social e o clero, para chegar a grandes acordos de consenso que permitan aos conventos de clausura “abrir portas e ventás e airear o pó de tantos anos de escuridade e opacidade”.
Para Podemos Galicia é necesario que os conventos de clausura sexan abertos e transparentes, para que así, de ser certas, afloren estas prácticas fóra da lei civil. Do mesmo xeito o círculo eclesiástico pon tamén o foco nas actividades de certos conventos insinuando que moitos deles viven na ilegalidade permanente das ares e oficios que defraunda ao fisco ao no pagar impostos polas mesmas. Podemos insta á Xunta de Galiza a controlar atentamente todas estas prácticas.