O portavoz no Parlamento do Partido Popular, Pedro Puy, lanza unha ofensiva contra a coalición de Podemos e Anova.

Gómez-Reino podería estar detrás do afundimento do Prestige.
Catorce anos despois da traxedia marítima do Prestige e no día de coñecer a sentencia do Tribunal Supremo, que condea ao capitán do petroleiro, Prestige a 2 anos de cárcere, o voceiro do grupo parlamentar do Partido Popular no hórreo atrévese a afirmar unha íntima conexión entre Apostolos Mangouras, o capitán, e a Marea.
Segundo apuntou Puy en comparecencia de prensa, o grego Magouras, que pertencería a rama máis radical de Syriza, tivo durante finais dos 90 e os anos 10 relación coa actual cúpula de Podemos, planeando incluso o sinistro, para crear así un caldo de cultivo que dera lugar ao nacemento do movemento chamado Nunca Máis, e que anos despois, a través de diferentes reformulacións e coa axuda do 15M remátase por dar lugar ao nacemento de Podemos en Galiza e da propia En Marea. “Ademais o sorriso de Gómez-Reino non inspira confianza” asegurou o popular.
Ante a extrañeza dos xornalistas que explicaron a Puy que daquelas nin Podemos, nin Syriza existían, o voceiro popular espetou que “os comunistas son comunistas, chámense como se chamen, antes e despois do Prestige”.
Pedro Puy afirmou tamén que nestes momentos a súa equipa de información está a recabar datos para poder vincular todo isto con ETA, a CUP e Artur Mas.