El territorio español de Galicia festeja su puto dialecto

La región gallega tendrá un día festivo en honor de la variante lingüística. Galicia exalta su dialecto en un día significado como el aniversario de la publicación de Poemas Gallegos, de Rosalía de Castro, con una manifestación en Santiago de Compostela, en la que decenas de personas reclamarán la “oficialidade” del gallego, ante lo que…

O PP arrebata a Bulgaria o record Guinness de congresos a dedo

O xurado do Libro Guinness dos Records acaba de desbancar a Bulgaria do posto nº 1 do podio de congresos a dedo e acaba de designar ao novo rei desta modalidade: O Partido Popular de Galicia. O Congreso do PPdeG onde Alberto Núñez Feijoo acadou o 97,8% decantou aos xuíces de Guinness que encaramaron ao…

Eurovisión prohibe o uso de camisolas do Xabarín Clube

A organización do certame equiparan a camisola galega coa do ISIS. Eurovisión prohibiu exhibir a camisola do Xabarín Clube, durante o festival, que se celebrará o 14 de maio en Estocolmo. A organización do certame a camisola galega nun grupo de nove «especialmente non permitidas», entre as que destaca a do Estado Islámico. Os responsables…

A primavera a confluencia altera

Partidos, colectivos, cidadanistas e comeflores da esquerda galega póñense tolos ante a chegada das primeiras raiolas de sol e as novas eleccións. O camiño cara os próximos comicios electorais vólvese cada día que pasa máis convulso co nacemento de novas alternativas, plataformas e partidos que tentan aglutinar ao seu redor adeptos que os leven a…

O PP entra en precampaña presentando un prototipo de Matrix cañí

Rajoy acaba de presentar o prototipo de Matrix que o PP ten pensado para a poboación do estado español. A presentación realizouse no día de onte e segundo comunicaron aos medios trátase de crear a Matrix española onde os parados serán utilizados para xenerar electricidad para Iberdrola e Gas Natural. Deste xeito os desempregados serán…

Ángela Rodríguez ‘PAM’ non se agrada a si mesma

A deputada de EnMarea no Congreso español, estoura contra si mesma nun acto de Podemos. Durante o acto da formación violeta celebrado en Ames o pasado fin de semana, a ate onte deputada por En Marea estalaba contra si mesmo asegurando que “ela mesma non se agrada a si mesma, polo que é normal que…

O día da nai sáldase con 8 mortos e máis de 200 feridos

Achuchóns, bicos e abrazos principais causas das contusións sufridas polas vítimas. Accidentado día da nai o vivido no día de onte en Galiza, no que segundo os últimos datos oficiais, xa son 8 as vítimas mortais nun día para esquecer. As vítimas, homes e mulleres de entre 23 e 34 anos, sufriron diversas contusións ao…

A TVG seguirá a censurar cancións ata que escampe o tema dos paraísos fiscais

A polémica está servida despois de que a Televisión de Galicia censurara uns segundos da canción dunha canción no programa Musigalité na que se criticaba ao Partido Popular. Segundo explicaron fontes próximas á canle autonómica a medida tomada contra a canción do grupo Ataque Escampe á que se lle censurou unha parte da letra que dicía “Isto…

Multan a unha parella por botar un polbo nun andén de Compostela

Nestes momentos trátase de identificar á parella por medio das gravacións de ADIF. O incidente que acontecía na mañá de onte chamou a atención de usuarios do ferrocarril e traballadores da propia estación, posto que non é moi común ver esta clase de animal no centro da capital galega. Unha parella do redor dos 30…