Foron moitas as crises de ansiedade que se viron durante a mañá de onte cando Feijoo anunciou que non ía adiantar as eleccións e que, polo tanto, estaría 6 meses máis de presidente da Xunta de Galiza. Para paliar os efectos desagradables que este tipo de noticias poidan causas á saúde dos nosos lectores ofrecemos unha serie de consellos para evitar ou cando menos paliar os desagradables efectos de este tipo de noticias.
1. Non é a pior noticia que che poderían dar
Pensa que hai cousas piores que Feijoo continue a ser presidente da Xunta. O apocalipse por exemplo sería moito pior. Pensa que unha hidra de sete cabezas podería estar a masticarte e relativizarás que Feijoo este na Xunta outros seis meses. Un holocausto zombie tamén axuda máis non é moi convinte facer este símil a pacientes moi politizados xa que saben perfectamente que os mortos teñen preferencia por votar polo PP.
2. Licor Café
En doses grandes e constantes. Non mellorará a situación pero non te acordarás dela. Tamén ten a vantaxe de que, se deixas o tratamento durante un día, a dor de cabeza e de estómago farán que penses que hai cousas tan malas coma o de Feijoo polo que nos volvería a valer o primeiro consello deste artigo.
3. Pensa no teu cuñado
Poderás amargarlle a comida do 15 de agosto ao teu cuñado grazas a todas as trapalladas pasadas, presentes e futuras que realizará Feijoo ata outubro. Poderás espetarlle todas as anteriores incluso mentar a Marcial Dorado e esa sospeitosa masa branca nas costas de Feijoo outra vez! Pensa que quizais poida ser a última vez que teñas a oportunidade.
4. Os momentos surrealistas que nos deparará La Voz de Galicia
A desesperación deste medio de cara a perder subvencións millonarias fará que as noticias se convirtan en tan surrealistas que serán difíciles de distinguilas das de El Jueves, El Mundo Today ou, incluso, da nosas propias novas. Co apretadas que se prevén as novas eleccións esperamos calquera cousa e non nos negaredes que non tedes curiosidade coas novas barreiras manipulativas e deontolóxicas que superarán desta vez.
5. O PSOE
Nestes seis meses poderás coñecer tres ou catro novos secretarios xerais do PSdeG e todo iso amenizado con truculentas traicións e puñaladas polas costas que che farán pensar que o episodio da boda roxa de Xogo de Tronos é un capitulo de Barrio Sésamo.
6. O divertido que será o proceso á esquerda do PSOE
Non te vas queres perder os dous, tres ou unha ducia de procesos que iniciarán as distintas organizacións que conforman En Marea para iniciar de novo a confluencia esa que xa fixeron para as anteriores eleccions estatais e para as novas eleccións estatais de xuño. En seis meses poderás votar en dintitas primarias de distintos procesos que se tirarán os trastos ata un mes antes das eleccións.
Pola súa banda o BNG seguirá tamén co seu proceso espiral no que chegarán á conclusión de que para afortalar o nacionalismo deben contar outra vez con toda a xente a que se foi. Así centrarán os seus esforzos en convencelos para que volten a casa e poder volver botalos.
7. Corre en círculos axitando os brazos
Non é un consello co que se manteña moito a dignidade pero psicólogos consultados polo noso medio indican que se os outros remedios fallan pode ser útil para dar renda solta ao pánico que tes dentro. Este consello pode serche de especial utilidade cando, unha vez superado o tema de ter que aturar seis meses máis a Feijoo, comezas a pensar que hai moitas posibilidades de que repita outra lexislatura máis.

Déronlle a noticia de que Feijoo non adiantaba as eleccións antes de ofrecerlle un vaso de LK