Actualidade

As loitas de poder de Podemos-Galicia inspirarán a nova tempada de Game of Thrones


Cando se pensaba que John ‘Breogán Riobóo’ Snow estaba morto, a historia da un xiro inesperado e volverá para reclamar o trono da casa Stark das mans da meiga vermella que será interpretada por Carmen Santos.

A nova tempada de Xogo de Tronos está a xenerar moita expectación e en Galiza aínda máis despois de que se coñecera, na tarde de onte, que a esta tempada ía estar basesada nas loitas de poder que están a acontecer no seo de Podemos.

Parte do guión foi filtrado e, deste xeito, sabemos que John Snow (Breogán Riobóo) non estaba morto senón que soamente sufira feridas leves. Así, recuperaráse para loitar contra os camiñantes cidadanistas de xeo, que provintes do norte atlántico, tratarán de facerse co trono de Invernalia. Para evitalo tratará de recompoñer a garda da noite chegando a un acordo con Cersei ‘Pam’ Lannister que ten o poder das cortes do Desembarco de El Rei de Madrid e grazas a esta alianza faránse co poder das mareas que lles permitirá recuperar Invernalia e o trono da casa Stark que se aliará cos reinos de Irán, Venezuela e Corea no Norte e propiciarán que o socialismo bolivariano se extenda polos sete reinos.

breogran rioboo game of thrones

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.