Achuchóns, bicos e abrazos principais causas das contusións sufridas polas vítimas.

Momento no que unha nai rompe varias costelas do seu fillo.
Accidentado día da nai o vivido no día de onte en Galiza, no que segundo os últimos datos oficiais, xa son 8 as vítimas mortais nun día para esquecer.
As vítimas, homes e mulleres de entre 23 e 34 anos, sufriron diversas contusións ao seren atrapados polas súas respectivas nais nun día que pretendía ser feliz, pero que rematou en traxedia en diferentes puntos do país.
Entre os diferentes casos destaca o dun mozo de Viveiro que decidiu suicidarse ante as críticas da súa nai por non querer fregar os pratos “nun día tan sinalado”. Os feridos repartense polos diferentes centros hospitalarios e avanzan favorablemente á espera de ser recibida a alta. Tan só unha moza hospitalizada no Juan Canalejo de A Coruña sigue sedada e en estado grave.
Eva, a muller ingresada na Coruña, tería agasallado á súa nai un smartphone, e ante as preguntas da súa nai polo funcionamento, entraría nunha crise de ansiedade que remataría cun colapso respiratorio, polo que unha ambulancia do 112 se tería desprazado á súa casa para o seu posterior ingreso.
Desde a Consellería de Sanidade advirten dos perigos do cariño desbocado de moitas nais, e chaman á prudencia, especialmente neste días do ano.