Rajoy acaba de presentar o prototipo de Matrix que o PP ten pensado para a poboación do estado español.
A presentación realizouse no día de onte e segundo comunicaron aos medios trátase de crear a Matrix española onde os parados serán utilizados para xenerar electricidad para Iberdrola e Gas Natural.

Rajoy presentou onte o prototipo de Matrix española. Como era de esperar, en ningún momento escolleu a pastilla vermella
Deste xeito os desempregados serán ubicados en cápsulas e utilizaranse cascos de realidade virtual para facerlles entrar nunha realidade paralela similar á que conta o Telexornal e os noticiarios da primeira cadena. Mediante un sistema biométrico serán conectados á rede eléctrica e as experiencias xeradas por un mundo feliz de pleno emprego e onde os candidatos do PP son perfectos patriotas que pagan os seus impostos en España provocará que a cantidade de endorfinas e actividade cerebral dos suxeitos xenere tal cantidade de electricidade que acabará co déficit tarifario en dúas semanas.
Para vixiar que todo vaia ben na Matrix cañí do Partido Popular o Ministerio de Industria e Enerxía acaba de presentar un software informático chamado ‘Axente Maruenda’ que se encargará de que todo se manteña “atado y bien atado” en Matrix.
O comité electoral do PP xa anunciou que para que os parados que se atopen formando parte de Matrix poidan exercer o seu dereito ao voto vaise contratar os seus coidados con varias ordes relixiosas de monxas. Os desempregados utilizados para a xeración de electricidade pasarán a engrosar a poboación activa e non computarán nas listas do paro aínda que non xenerarán cotización xa que, en realidade, non están a facer nada; indicaron fontes do goberno.