Política

A primavera a confluencia altera


Partidos, colectivos, cidadanistas e comeflores da esquerda galega póñense tolos ante a chegada das primeiras raiolas de sol e as novas eleccións.

423918757_22559_15916261413687475801O camiño cara os próximos comicios electorais vólvese cada día que pasa máis convulso co nacemento de novas alternativas, plataformas e partidos que tentan aglutinar ao seu redor adeptos que os leven a encabezar unha alternativa sólida á presidencia da Xunta de Galiza.

Desde as redes de candidaturas veciñais, ás plataformas intermareais, pasando polas as Mareas en Común(vivas e baixas) ou a propia convocatoria dunha asemblea xeral de EnMarea, a esquerda galega está a moverse máis que un cani nunha rave. E éque a cousa non é para menos, outros 4 anos de Núñez Feijóo en San Caetano poderían levar ao traste a toda unha xeración de politómanos con ansias de postos.

giphyPero unha cousa parece ser catalizadora de todo este movemenento repentino, a chegada da primavera entrou nos corpos dunha esquerda alternativa que semellan enredadeiras trepadoras polas paredes de pedra do noso país. Un trepismo sen freos cara unha Xunta de Galiza que polo de agora fica impávida ante o espectáculo grotesco da desintegración da unidade da esquerda que semella un mexacán esvaecéndose no ar.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.