A deputada de EnMarea no Congreso español, estoura contra si mesma nun acto de Podemos.

‘PAM’ ante os micrófonos de TemposGalegos.
Durante o acto da formación violeta celebrado en Ames o pasado fin de semana, a ate onte deputada por En Marea estalaba contra si mesmo asegurando que “ela mesma non se agrada a si mesma, polo que é normal que ela non agrade a outra xente ao igual que a ela outra xente non lle agrada”.
Nunha intervención digna do mesmísimo presidente do goberno en funcións, Mariano Rajoy, a que foi candidata a liderar os círculos de Podemos en Galiza reaccionaba así ante a derrota sufrida nas primarias internas do seu partido.
Fontes de Podemos Galiza aseguran que ‘PAM’, como gusta de ser chamada, estaría tentando victimizarse para figurar de novo na candidatura para a repetición das eleccións xerais do próximo mes de xuño, e que mesmo tería chegado pedir disculpas por se tan divina, posto que isto podería afectar aos ciumes doutros compañeiros, que segundo a ela “a odian e idolatran a partes iguais”.
Carmen Santos, secretaria xeral do partido en Galiza, eludiu polo de agora pronunciarse ao respecto sobre ‘PAM’, aínda que fontes próximas aseguran que está na casa rindo a cachón , polo que non pode atender ao teléfono.