A polémica está servida despois de que a Televisión de Galicia censurara uns segundos da canción dunha canción no programa Musigalité na que se criticaba ao Partido Popular.
Segundo explicaron fontes próximas á canle autonómica a medida tomada contra a canción do grupo Ataque Escampe á que se lle censurou unha parte da letra que dicía “Isto é un atraco, chegarei até o final por unha vez. Adeus, cabronazos, voume a un paraíso fiscal como fan os do PP” débese a unha medida de austeridade do goberno de Feijoo. Trátase de aforrar en broncas por parte da dirección do ente e á súa vez aforrar tamén en informativos para paliar as críticas que poida sufrir o Partido Popular.
“Igual había que recortar una noticia sobre hortalizas gigantes para poner un corte más de Feijoo haciendo cosas”, indican dende o CRTVG, “y si quitamos más noticias de sucesos o de vegetales gigantes igual la gente se piensa que el Telexornal te es solo propaganda”.
Dende o Partido Popular tratan de quitarlle ferro á acción de censura e indican que “la gente ya está muy aburrida del tema ese de los paraísos fiscales y para evitar el cansancio de la ciudadanía vamos a propiciar no saturarla con noticias sobre estas cosas”.
Dende a TVG aínda non se puxeron en contacto co grupo para darlle explicacións aínda que indicaron a Tempos Galegos que están a barallar un especial de Luar que contará cun refrito de Pimpinela e a súa canción ‘Galicia, cada día máis linda máis linda, cada día mellor e mellor’ xunto con “Galicia es una mierda” de Ataque Escampe.