A organización do certame equiparan a camisola galega coa do ISIS.
Eurovisión prohibiu exhibir a camisola do Xabarín Clube, durante o festival, que se celebrará o 14 de maio en Estocolmo. A organización do certame a camisola galega nun grupo de nove «especialmente non permitidas», entre as que destaca a do Estado Islámico.
Os responsables do popular concurso defenderon que non tolerarán a mostra de insignias «locais, rexionais ou provinciais», aínda que a camisola do Xabarín sexa referida a un clube infantil galego, desde a organización aseguran que este é considerado como un clube radical fundamentado nunha ideoloxía secesionista e comunista.
Á parte da camisola do Xabarín Clube, un símbolo vixente en Galiza, Eurovisión veta a insignia do Estado Islámico (ISIS nas súas siglas en inglés), o grupo que estendeu o terrorismo yihadista ao corazón de Europa e que se converteu na principal ameaza de Occidente. A lista complétana as diferentes tipos de camisolas de lugares ou clubes como Palestina, Kósovo, Crimea, República Popular de Donetsk e calquera alusión a filmes dobrados ao galego.
Segundo o festival, serán especialmente sancionados estes últimos. Tendo en conta o auxe de peticións de dobrado de películas e series ao galego, desde a organización temen especialmente o uso de faixas ou bandeiras reclamando a emisión de Dragon Ball Z remasterizado en galego, ou a traducción de Xogo de Tronos ao noso idioma.