Cultura

A Festa do Choco de Redondela cociñou un Kraken para que ninguén quedara con fame


Como en toda festa galega que se precie, a comisión da XXX edición da Festa do Choco, preocupada porque a comida non chegara, decidiu incluír no menú da festa do choco un kraken para evitar que os asistentes puideran quedar con fame.

kraken2

Voluntarios da XXX Festa do Choco preparando unha brocheta de Kraken

A organización tiña medo de que os 300 kilos de chocos se puideran quedar curtos para alimentar a todas as persoas que se achegaran a súa festa e, por iso, decidiu incluír no menú un kraken de 250 kilos a maiores.

“Nós non somos veganos, gústanos comer”, indicaron dende a organización. “Non podemos permitir que a comida non chegue e tampouco queremos esquilmar os nosos recursos mariños”, engadiron. Foi por iso que axudados pola facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo decidiron saír a pescar un kraken para poder alimentar ao continxente humano que se arremolinaba a carma de máis de 1.600 metros cuadrados.

A pesar das grandes previsións de comida, fontes da organización indicaron que estiveron a punto de quedarse curtos novamente despois de que un grupo organizado procedente do oriente ourensán dera conta da metade do Kraken dunha sentada. Segundo confirmaron fontes da comisión da festa e para evitar acaparamentos similares, na próxima edición contarán cunha ducia de krakens para satisfacer as demandas do persoal asistente.

Pola súa banda a cofradía de pescadores xa anunciou a creación do selo de calidade “Kraken de Redondela” para certificar que a captura do producto sexa en augas da comarca e que a calidade sexa galega 100%, coma o do leite pero de verdade.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s