Kiko Rivera (Paquirrín) candidato do PP en Sevilla

As últimas declaración na prensa do fillo de Isabel Pantoja e Paquirri non eran para nada casuais, senón que lonxe disto, mostraban o interés do fillo da tonadilleira pola política, así como unha oportunidade para o Partido Popular de poñer paz en Andalucía despois de tódalas tensións producidas polo intenso choque xeracional dos candidatos populares….

Pepiño Blanco declárase socialista

Durante un mitin de precampaña e nun arrranque de progresía, declarouse socialista ante as 8 persoas que o estaban a escoitar. Comeza forte o PSOE  a súa precampaña para as europeas en Galiza. O pasado sábado durante un mitin celebrado polo partido, que nestes comicios encabeza Elena Valenciano, e ante o fervor deste, José Blanco…

Atopan un túnel que une a sede do PP con Suíza

Obreiros que traballan na ampliación do metro de Madrid acaban de informar de que atoparon un túnel que comunicaba a sede da rúa Génova coa banca suíza. Segundo parece a infraestrutura foi realizada mediante colaboración público-privada semellante a utilizada como modelo para a construción de autoestradas e hospitais e permitía unha alta capacidade de persoas….

Ferrol buscará a irmandade con Detroit

O alcalde de Ferrol José Manuel Rey Varela deu a coñecer que, co obxectivo de ter un intercambio cultural e educativo, o municipio buscará irmandarse coa cidade americana de Detroit, onde se atopa o berce do sector industrial e automobilístico mundial. “Sabemos que é un pouco complicado o tema pola distancia, pero con todo queremos…

Unha estatua de Caballero sustituirá a Cruz Franquista do Castro

O Castro de Vigo foi o lugar escollido polo Concello para construír estatua conmemorativa do alcalde Abel Caballero. O alcalde Abel Caballero anunciou onte que a cidade terá unha nova estatua que sustituirá a cruz franquista que se situaba no barrio vigués. A aprobación da escultura levouna  a cabo onte nunha Xunta Local de Goberno…

Lopez Orozco escollido Premio ao alcalde máis achuchable do país

O alcalde de Lugo escollido, entre centos de aspirantes, como o rexedor con aspecto máis bonachón e amigable. Está mañá presentábase en Salceda de Caselas o I Premio anual Alcalde Achuchable de Galiza, no que por primeira vez se outorgaba o esperado galardón. Na presentación participaron personalidades de toda a índole do noso país, desde…

Baltar farase co Trono de Ferro na cuarta tempada de Xogo de Tronos

O cacique ourensán pugnará polo Trono de Ferro na prestixiosa serie da HBO e conseguirao grazas ao reparto de postos de traballo en Desembarco do Rei. Segundo transcendeu nas rede Baltar aparecerá na cuarta tempada de Xogo de Tronos a través dun novo reino en conflito “Ourensalia” que se fará cos 7 reinos en clara…

O atropelo e fuga de Aguirre, parte dunha promo viral

O accidente de Esperanza Aguirre podería ser una montaxe viral para o lanzamento do seu novo videoxogo, ambientado en Madrid. Esta tarde saltaba a noticia do presunto accidente de Esperanza Aguirre, no que tería arollado a un policía e a súa moto ao tentar escapar mentres lle puñan unha multa por aparcar no carril Bus….

THE CORUÑA: Novo topónimo da cidade herculina

Negreira proporá no Concello o cambio do topónimo por THE CORUÑA, para rematar coa dicotomía A Coruña/La Coruña. Así o anunciaba esta mañá na sede do partido da cidade herculina. O cambio de topónimo da cidade por The Coruña, esta era a gran novidade introducidade de cara o próximo pleno, e que Carlos Negreira anunciaba…

Nace a Plataforma pola Abdominal Única

Onte constituiuse a Plataforma pola Abdominal Única que, segundo palabras dos voceiros da organización, nace para alertar do andazo de malformacións na barriga que se están a producir nos últimos tempos. Na rolda da prensa aportaron datos como que as “pluriabdominales”, como eles as denominan, contraveñen a física cuántica xa que non se está a transformar…

Paula Prado tómase con humor a súa relación coa trama ‘POKEMON’

A parlamentaria galega colga no twitter una imaxe súa, disfrazada de Pikachu. A pasada semana a Portavoz do Partido Popular no Parlamento galego voltaba á palestra mediática polas conversas mantidas co concelleiro compostelán Ángel Espadas dentro do marco das escoitas da operación Pokemon, que quedaron liberadas pola xuíz De Lara. «Paula [Prado] di que Gerardo…

Roxos e separatistas empobrécense adrede para fastidiar ao goberno

Segundo publica a Fundación FAES habería centos de miles de “rojos y separatistas” que se “empobrecerían a propósito” para deslixitimar as cifras macroeconómicas do Goberno do PP coa intención de romper España. O informe califica de “polpotista” a Caritas, ONG católica, que a pasada semana publicou un informe que puña en cuestión a recuperación económica no estado…