Sucesos

O atropelo e fuga de Aguirre, parte dunha promo viral


O accidente de Esperanza Aguirre podería ser una montaxe viral para o lanzamento do seu novo videoxogo, ambientado en Madrid.

carmaguirre

Carátula do videoxogo.

Esta tarde saltaba a noticia do presunto accidente de Esperanza Aguirre, no que tería arollado a un policía e a súa moto ao tentar escapar mentres lle puñan unha multa por aparcar no carril Bus.

Despois das correspondentes investigacións as que tivo acceso Tempos Galegos, podemos confirmar que se trata en verdade dunha noticia viral, para promocionar o novo videoxogo da saga Carmaggedon, a cal estará ambientada na cidade madrileña.

Como xa ten ocorrido máis veces, unha presunta noticia serve de trampolín para o lanzamento dun novo producto, neste  caso dun videoxogo multiplataforma.

O videoxogo ambientado na cidade de Madrid, será de temática automobilística, de carreiras pola cidade e na que se premiaran os atropelos de persoas viandantes e incluso animais.

No momento de redacción da nova, a compañía encargada do desenvolvemento do videoxogo non confirma nin desmente a veracidade do suceso e limitase a explicar nun comunicado que nos próximos días haberá noticias deles.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.