Actualidade

Unha estatua de Caballero sustituirá a Cruz Franquista do Castro


O Castro de Vigo foi o lugar escollido polo Concello para construír estatua conmemorativa do alcalde Abel Caballero.

Deseño da futura estatua de Abel Caballero no Castro de Vigo.

Deseño da futura estatua de Abel Caballero no Castro de Vigo.

O alcalde Abel Caballero anunciou onte que a cidade terá unha nova estatua que sustituirá a cruz franquista que se situaba no barrio vigués.

A aprobación da escultura levouna  a cabo onte nunha Xunta Local de Goberno extraordinaria. Segundo os expedientes presentado, “o investimento que se realizará alcanza os 718.000 euros e o prazo para a construción será de sete meses”, sinalou. As intencións do Concello é que estea dispoñible canto antes e o alcalde matizou que lles gustaría que se abrise ao público dentro dun ano pero deixou aberta a posibilidade de que aínda se demore uns meses máis. “É pura vangarda arquitectónica, é o que queremos que siga sendo Vigo”, mantivo mostrando imaxes do deseño.

A localización da figura será no Castro, no mesmo lugar na que se atopaba a cruz franquista que durante anos se lle pediu derrubase. Parece ser que así, dunha vez por todas, se cumple a petición viguesa que durante as últimas décadas era reclamada, mesmo con recollidas de sinaturas e manifestacións.

“Queremos que sexa no Castro porque era unha dédeba con eles, despois de anos de loita”, indicou. Caballero asegurou que a estatua terá unha forma similar a estatua de Lincoln nos EUA.

O alcalde non deixou pasar a oportunidade para enviar unha mensaxe a PP e BNG tras unha semana na que se intensificou a polémica sobre ordenanzas e orzamentos. “Non imos parar de construír en Vigo, imos continuar, nos orzamentos do próximo ano haberá diñeiro para a construción de estatuas e rotondas en Vigo”, avanzou. Ademais, fixo mención doutros puntos que tamén foi motivo de enfrontamento co resto de grupos municipais. “Por certo, tamén para aceras, que a oposición se encargou de críticalas. E por certo, tamén para arboliños nas rúas. En suma, o orzamento do ano que vén será moi bo”, resolveu Caballero.

13 thoughts on “Unha estatua de Caballero sustituirá a Cruz Franquista do Castro

  1. Eso no puede ser cierto.
    Ningún alcalde tiene estatua de autorretrato en Vigo de esas magnitudes!
    Y retirar esa cruz para ponerse así mismo delante del ayuntamiento de Vigo, es de algo egocéntrico!
    Si no es alcalde por mayoría será por algo.

  2. Paréceme moi ben: pero penso que deberían facela máis alta. Así como Río ten o Cristo, Vigo tería a Abel. Perfecto.

    • Gustame a idea do Abel Redentor. Pero xa seguindo coa tradición da nosa “cidade fermosa”, poderiamos levar por diante algo de patrimonio, non si? non, sei, o castro do parque do Castro, ou algo de ese estilo.

  3. A realidade é que a conservación da cruz do Castro foi acordada por unanimidade en pleno municipal no ano 1981, o cal debe ser respeitado polo concello namentres non haxa unha sentencia firme. Hai que informarse antes de facer chistes malintencionados.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.