As últimas declaración na prensa do fillo de Isabel Pantoja e Paquirri non eran para nada casuais, senón que lonxe disto, mostraban o interés do fillo da tonadilleira pola política, así como unha oportunidade para o Partido Popular de poñer paz en Andalucía despois de tódalas tensións producidas polo intenso choque xeracional dos candidatos populares.
Kiko Rivera convertiríase así nun candidato de consenso para o PP andaluz, e todo apunta a que se formaría desde o propio partido na cidade de Sevilla, onde este fin de semana xa daba o seu primeiro mitin, arroupado polos membros da agrupación local.
Despois dos éxitos de Paquirrín como fillo de, amago de futbolista, supervivinte, monologuista, dandy, pai, dj e cantante agora, cunha vida xa asentada e pai dun fillo, tocaría o momento da política. Convencido das súas inquietudes ideolóxicas, ligadas ao PP e ao seu amor por España e a súa tradición, Kiko representaría a unión pasado-futuro que o Partido Popular andaluz ansía conseguir.
Coñecido entre a xente maior, así como pais e nais, e pola xente moza, o PP da un paso importante na carreira por revalidar o próximo ano a alcaldía de Sevilla, na que todo apunta Kiko se situaría na lista, en postos de saída.
Nos polígonos andaluces non se fala doutra cousa, e é que como reza o seu último tema, así é el.