Onte constituiuse a Plataforma pola Abdominal Única que, segundo palabras dos voceiros da organización, nace para alertar do andazo de malformacións na barriga que se están a producir nos últimos tempos.
Na rolda da prensa aportaron datos como que as “pluriabdominales”, como eles as denominan, contraveñen a física cuántica xa que non se está a transformar a enerxía en masa. “Einstein non tiña abdominales e disto sabía un rato largo”. Por iso reivindican a abdominal única tradicional, e advirten que non pode ser bo que á xente lle salgan bultos no abdome polo que animan á xente a acudir ao médico, se isto ocorre, xa que poderían ser tumores. “Se á xente que exercita o cerebro lle saísen bultos na cabeza acudirían correndo ao médico”, advertiron. E seguindo coa argumentación engadiron que “hai animais que fan moito máis exercicio que as persoas e ninguén viu un can ou un gato con abdominais”.
Convenio con Carnelao
A Plataforma pola abdominal única asinou un convenio de colaboración con Carnelao para que toda a xente que queira desintoxicarse poida recibir asesoramento nutricional gratuito por parte dos nutricionistas de Carnelao.
Ao rematar a rolda de prensa tivo lugar unha concentración simbólica na que se repartiu información sobre as vantaxes da abdominal única e berráronse consignas como “abdominal unha e non cincuenta e unha”.