A parlamentaria galega colga no twitter una imaxe súa, disfrazada de Pikachu.
A pasada semana a Portavoz do Partido Popular no Parlamento galego voltaba á palestra mediática polas conversas mantidas co concelleiro compostelán Ángel Espadas dentro do marco das escoitas da operación Pokemon, que quedaron liberadas pola xuíz De Lara.

Paula Prado posa disfrazada de Pikachu.
«Paula [Prado] di que Gerardo [Conde Roa] é capaz de arremeter contra arriba, que se non lle dan nada empeza a disparar cara arriba, cara aos bonecos». Esta frase do informe dos axentes do Servizo de Vixilancia Aduaneira (SVA) sobre as conversacións telefónicas de Paula Prado no Concello de Santiago, na etapa na que a actual secretaria de Organización do PP galego era concelleira de Servizos Sociais e deputada no Parlamento autonómico, desvela que a desconfianza que albergaba sobre o alcalde chegaba ao momento de temer que falase máis da conta tras renunciar ao bastón de mando. Ademais de desaprobar a súa xestión («o pouco que se fai cheira a pelotazo urbanístico»), Prado vía a Conde Roa «capaz de arremeter contra arriba», segundo as conversacións picadas polos funcionarios de Aduanas que figuran no sumario da operación Pokemon.
Despois de toda esta polémica e que o presidente da Xunta Alberto Nuñez Feijoo evitase pronunciar o seu nome en rolda de prensa, a política compostelá decidía colgar na rede social Twitter un chío dela mesma disfrazada de Pokemon e facendo o símbolo da victoria cos seus dedos.
Desde o Partido Popular Pedro Puy confirmaba que Paula estaba moi “sexy” con ese traxe, e que o “amarelo sempre foi unha cor que lle favoreceu moito”.
Pingback: Un magosto popular asará 10 concelleiros envoltos en papel Albal | Tempos Galegos