Internacional

Ferrol buscará a irmandade con Detroit


O alcalde de Ferrol José Manuel Rey Varela deu a coñecer que, co obxectivo de ter un intercambio cultural e educativo, o municipio buscará irmandarse coa cidade americana de Detroit, onde se atopa o berce do sector industrial e automobilístico mundial.

Paralelismo entre a cidade de Ferrol e a de Detroit

Paralelismo entre a cidade de Ferrol e a de Detroit.

“Sabemos que é un pouco complicado o tema pola distancia, pero con todo queremos aproveitar a oportunidade, e a través de diversas xestións con persoal de plantas armadoras asentadas en Ferrol, lograr a irmandade” recalcou.

Recalcou así que son moitas as similitudes que ambas cidades teñen, ” ambas lograron un medre ligado a industria, e do mesmo xeito o esmorecemento desta, debido as crises económicas, farían que as dúas cidades se estean a sumir na decrepitude dos seus casco antigos, ambos en proceso de total deterioro”.

Indicou que para tal acción xa existe unha persoa por parte do municipio que se encargará especialmente de lograr a difícil tarefa así como darlle continuidade aos avances e con iso lograr que durante 2014-2018 se leve a cabo dita irmandade.

Ademais Rey indicou que polo momento non se sabe con exactitude os beneficios que outorgará esta irmandade pero recalcou que o devandito proxecto sempre pode dar coa construción dalgún flotel.

Interior edificios en Ferrol e Detroit.

Interior edificios en Ferrol e Detroit.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.