Durante un mitin de precampaña e nun arrranque de progresía, declarouse socialista ante as 8 persoas que o estaban a escoitar.

Pepiño Blanco, puño en alto, durante o último mitin do PSOE.
Comeza forte o PSOE a súa precampaña para as europeas en Galiza. O pasado sábado durante un mitin celebrado polo partido, que nestes comicios encabeza Elena Valenciano, e ante o fervor deste, José Blanco definíase a si mesmo como socialista, chegando a reproducir unha pequena cita de Karl Marx.
Co puño en alto, Pepiño puña en pé ás oito persoas que se achegaran a ver o acto celebrado polo PSOE, e con gran ilusión comezaron a canta ao unísono a Internacional.
Preguntado por este suceso, Rubalcaba botaba balóns fóra e reiteraba a proposta feita polo mesmo Pepe Blanco días atrás, nas que pedía ao Partido Popular a formación dun “lobby gallego” de cara a próxima entrada de ambos partidos no Parlamento Europeo. “Por el bien de la región, PP y PSOE deben demostrar que están unidos por España”.